O universo dos Power Rangers se estende

216

O creador da série It’s the End of the F—ing World, Jonathan Entwistle, ven de recibir o encargo de crear un novo universo cinemático para a clásica franquía dos Power Rangers na eOne, unha compañía que foi adquirida pola Hasbro en decembro do ano pasado.

Até agora Entwistle tiña unha longametraxe en desenvolvemento na Paramount, pero agora que a eOne fíxo-se coas rendas, a laboura de Entwistle será profundizar aínda mais no universo desta propriedade, crear unha história que se conecte ao longo de vários filmes e plataformas, incluíndo o cinema, a televisión e mais.

O presidente do departamento de cinema da eOne, Nick Meyer, e mais o de televisión, Michael Lombardo, emitiron un comunicado conxunto: “Jonathan ten unha incríbel visión creativa para esta emblemática e altamente exitosa franquía, e é sen ningunha dúbida o arquitecto axeitado para se nos unir mentres reimaxinamos os mundos da televisión e o cinema desta propriedade. Do outro lado do noso cadro, anceiamos por traballar cos narradores de histórias con mais talento, mentres nos facemos coas ricas marcas favoritas dos fans da Hasbro e construímos universos de entretemento ao seu redor“.

A série orixinal dos anos 90 e mais a franquía que xerou, titulada inicialmente The Mighty Morphin’ Power Rangers, ía sobre un grupo de rapaces que se converten en superheroes, con cadansúa cór de uniforme, e xuntos creaban un dinosáuro robótico xigante.

A partir dalí, creáron-se moitas séries de televisión e filmes. O mais recente é unha longametraxe con acción real de 2017 que cun orzamento inicial de 100 millóns de dólares só puido recadar 142 de volta. Agora agárda-se que todos os novos traballos comecen dende cero.