Willow recibe o visto bó da Disney+

714

O servizo de streaming da Disney+ ven de facer oficial que lle deu a luz verde á continuación de Willow, o clásico filme fantástico de Ron Howard de 1988.

Warwick Davis repetirá o seu papel de Willow Ufgood na série, que Jon M. Chu dirixirá alomenos no seu primeiro episódio, e será asemade o produtor executivo canda Howard. A série estará ambientada moitos anos despois dos acontecementos do filme, e presentará novos persoaxes no seu mundo de raíñas fada e monstros.

Jonathan Kasdan (Solo) escribiu o guión do episódio piloto e será o showrunner xunto a Wendy Mericle (Arrow). O guionista do filme orixinal, Bob Dolman, traballará nesta nova etapa coma produtor consultivo.

Chu, Kasdan, Mericle, Howard, Kathleen Kennedy e Michelle Rejwan son os produtores executivos do proxecto, que será a primeira incursión da Lucasfilm no mundo das narracións televisivas dende 2015, deixando á parte por suposto o universo de Star Wars.