Foxx será un cazavampiros en Day Shift

582

O actor texano Jamie Foxx será o protagonista do thriller de vampiros Day Shift que se atopa en desenvolvemento pola Netflix.

Foxx fará o papel dun pai traballador que lle quere dar unha boa vida á súa filla de oito anos. Pero o seu mundano traballo de limpeza de piscinas no val de San Fernando é en realidade unha fachada para a súa verdadeira fonte de ingresos: cazar e matar vampiros.

O coordinador de dobres J.J. Perry (quen conta entre os seus cretos as escenas de acción de John Wick ou The Fate of the Furious) fará o seu debut na cadeira de director neste filme, que desenvolverá un guión orixinal de Tyler Tice, gañador do Concurso de Guións de Slamdance, e ao que Shay Hatten lle fixo posteriores revisións.

Chad Stahelski, Jason Spitz, Shaun Redick e mais Yvette Yates Redick serán os produtores.