A noiva de Frankenstein é Johansson

184

Scarlett Johansson será a protagonista de Bride, un thriller de ciéncia-ficción co que a corporación Apple tentará adaptar o clásico filme de James Whale Bride of Frankenstein, que protagonizaron Boris Karloff e Elsa Lanchester en 1935.

No filme Johansson interpreta a unha muller creada para ser unha esposa ideial, a singular obsesión dun brillante empresário. Nombergantes, rexeita ao seu creador e é obrigada a fuxir da súa prisión, enfrontándo-se deste xeito a un mundo que a mira coma un monstro.

Na fuxida deberá atopar a súa verdadeira identidade, o seu abraiante poder e a forza que a converte a si mesma na súa própria creación.

O realizador de A Fantastic Woman, Sebastian Lelio, será o director a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Lauren Schuker Blum e Rebecca Angelo (The Wolfman). Johansson e Jonathan Lia serán os produtores.