Mais voces para NEW-GEN

719

Lena Headey (Cersei Lannister en Game of Thrones) e mais Luke Wilson (Idiocracy) veñen de se unir ao elenco de actores que lle emprestarán as súas voces aos protagonistas da série de ciéncia-ficción de debuxos animados New-Gen, baseada á súa vez nos cómics homónimos da Marvel.

A história vai sobre dous irmáns xemelgos e superheroes perfeccionados por nanotecnoloxía (Finn e Nick Wolfhard) que traballan para salvar ao seu mundo extradimensional de New-Gen dunha guerra destrutiva. Esta utopía futurista de marabillas científicas e mecánicas busca equilibrar a natureza e a tecnoloxía, tecendo un paradiso ecoloxicamente sostíbel.

Headey porá-lle a voz á fermosa e profética Thea, a matriarca da Asociación da Protección de New-Gen. Wilson fará de Roboduck, un cómico e falcatrueiro axudante, cuxa especial habilidade é cuspir lume.

Brent Friedman é o showrunner e co-creador da série xunto a J.D. Matonti. Ambos son ademais os produtores executivos, con Chris Matonti e Julia Coppola.