Mercy Sparx, mercada pola MGM

178

A MGM ven de se facer cos dereitos para levar ás pantallas a série de cómics Mercy Sparx para a The Picture Company e a Assemble Media.

A história, orixinal de Josh Blaylock e publicada pola Devil’s Due Publishing, vai sobre un demo feminino enviado á Terra coa misión de descubrir aos anxos corruptos, que deberá completar mentres se agocha entre os humáns. Pero a rapaza axiña entra nunha crise existencial e comeza a ver o área gris entre o ben o mal, o que a obriga a elixir o seu lugar e comprometer a súa misión.

Nick Shafir escribirá o guión e Alex Heineman, Andrew Rona e Jack Heller serán os produtores.