Adam Sandler fará ciéncia-ficción na Netflix

158

Após de acadar moi boas críticas co filme de gánsters Uncut Gems, Adam Sandler está disposto a tentar facer mais proxectos afastados da súa beira cómica e a Netflix ven-lle de ofrecer unha nova oportunidade, nesta ocasión no xénero da ciéncia-ficción, que vai protagonizar.

A história vai sobre un astronauta (Sandler) enviado aos límites da galáxia para recoller un misterioso e antigo pó. Axiña atópa-se con que a súa vida na Terra está-se a caer a anacos, e vólve-se cara a única voz que lle pode axudar a tratar de recompoñe-la. Pero seica a voz pertence a unha creatura do princípio dos tempos que axexa nas sombras da súa nave.

O responsábel de Chernobyl e gañador dun Emmy Johan Renck, dirixe o proxecto baseado na novela de Jaroslav Kalfar Spaceman of Bohemia e adaptado por Colby Day.

Channing Tatum, Reid Carolin, Peter Kiernan e Michael Parets son os produtores.