Isaac podería ser Moon Knight

146

Após de declarar que non ten a mais mínima intención de regresar ao universo de Star Wars, seica Oscar Isaac non se vai afastar moito da Disney porque está a negociar a súa incorporación ao elenco da série da Marvel Moon Knight que emitirá a Disney+.

Nos cómics, o heroe é Marc Spector, un mercenário que ten moitos alter egos, dende un taxista a un playboy millonário, cos que tenta loitar contra o crime. Os seus superpoderes proveñen de ser o canal do deus da Lúa exípcio, Khonshu.

Jeremy Slater (Umbrella Academy) será o encargado de desenvolver a série e liderar a equipa de guionistas. A Marvel está á procura dun director para este proxecto, que aínda non conta con datas para o comezo da súa produción, pero algunhas fontes xa indican que o elixido podería ser o realizador exípcio Mohamed Diab.

A Isaac poderémo-lo ver antes, no filme de Denis Villeneuve Dune, que ven de adiar a súa data de estrea para o 1 de outubro de 2021.