Ginger Snaps regresa ás pantallas

143

A Sid Gentle Films e mais a Copperheart Entertainment veñen de chegar a un acordo polo que producirán conxuntamente unha série de televisión que relanzará a clásica triloxía de filmes de terror/comédia canadiana Ginger Snaps.

Anna Ssemuyaba (Guerrilla) escribirá o guión da série, que narra a história das irmás Ginger e Brigette, unhas párias autoimpostas na súa vila natal. Inseparábeis e fascinadas polo macabro, fan un pacto para ou ben escapar do seu durmido fogar suburbán aos dezaséis anos, ou ben quitar-se a vida.

Pero na noite do seu primeiro período, Ginger é atacada e infectada por un lobishome que desencadea unha monstrosa clase de pubertade. Brigette non pode entender esta nova versión da súa irmá, que é violenta e sexual. E mentres Ginger comeza a crear un baño de sangue na vila, Brigette deberá atopar algún xeito de dominar os novos instintos da súa irmá, ou perde-la para sempre.

John Fawcett, co-creador e director do filme orixinal e co-creador e produtor executivo de Orphan Black, será tamén o produtor executivo da série xunto a Sally Woodward Gentle, Lee Morris, Clark Peterson e Steve Hoban.