Após do éxito de Lovecraft Country, a mestura de terror e denúncia social do racismo amosa ser unha grande fonte de inspiración, e así o guionista de 12 Years a Slave e creador da série American Crime, John Ridley, escribirá e dirixirá un thriller de terror sobrenatural aínda sen título para a Blumhouse.
Baseada no recente artigo de Saleah Blancaflor Project Poltergeist, a história está inspirada por feitos reais que tiveron lugar nos anos 60 e vai sobre os acontecementos inexplicados ao redor da suposta primeira caza de pantasmas nunha casa pública enmeigada que aterrorizou a un rapaz en New Jersey.
Nun comunicado, Ridley declarou: “Esta é unha incríbel narración da vida real dun rapaz que se enfronta a horrores – tanto paranormais coma raciais – nunha comunidade que está marcada polo ódio, pero que en derradeira instáncia fica unida pola esperanza“.
Jason Blum será o produtor e Matthew Pearl e Greg Nicholas os produtores executivos.