O actor Patrick Wilson fará o seu debut coma director na quinta entrega da saga de terror Insidious para a Blumhouse Productions.
Os primeiros dous filmes centráran-se nunha parella (Wilson, Rose Byrne) que, despois de que o seu fillo (Ty Simpkins) entrara misteriosamente nun estado de coma e se convertera en conduto das pantasmas nun plan astral, é perseguida constantemente por demos dun reino infernal coñecido coma o Alén (ou no orixinal, “The Further”).
A terceira e cuarta partes foron precuelas enfocadas no persoaxe de Lin Shaye, unha vidente que axudaba á família nas dúas primeiras longametraxes, e que trataba doutros casos. Esta quinta entrega recollerá o testemuño coa família orixinal, os Lambert, unha década despois dos primeiros acontecementos, agora xa cun fillo maior (Simpkins repetirá o papel) comezando a súa andaina na universidade. Wilson será o director e tamén o protagonista.
Scott Teems escribiu o guión, baseado nunha história do co-creador da franquía Leigh Whannell. A Sony Pictures encargará-se da distribución e Whannell, James Wan e Oren Peli serán os produtores.