Takahiro Miki abre a Porta ao Verán

161

Dende que foi publicada por entregas na revista The Magazine of Fantasy & Science Fiction en 1956, a novela The Door to Summer de Robert A. Heinlein converteu-se nun clásico instantáneo da ciéncia-ficción, das viaxes no tempo e da animación suspendida, pero até agora nunca tivera unha adaptación ás pantallas.

Nombergantes, a primeira versión ao cinema chegará axiña, e ambientada no Xapón. Soichiro Takakura, un científico de Tóquio que traballa no legado de seu pai e vive unha vida acougada canda súa muller e mais o seu gato, descubre un día que o perdeu todo e é atrapado nunha cámara crioxénica, pero regresa á vida trinta anos despois en 2025, para comezar, coa axuda dun robot humanoide, unha aventura que lle permitirá cambiar o futuro.

Kento Yamazaki (Death Note), Kaya Kiyohara e Naohito Fujiki son os seus principais protagonistas, mentes que Takahiro Miki será o director a partir dun guión de Tomoe Kanno.

A novela orixinal está protagonizada por Dan Davis, un enxeñeiro de robots que vive no futuro 1970 co seu gato Pete. Após de ser traizoado polo seu parceiro e mais a súa moza, acaba crioxenizado durante 30 anos e esperta no ano 2000. O produtor da adaptación xaponesa, Shinji Ogawa, declarou que “hai unha chea de histórias de viaxes no tempo, incluíndo os filmes de Back to the Future. A história desta película, que estableceu o xénero das viaxes no tempo, foi o suxeito de traballos posteriores. É un clásico entre os clásicos que tivo un grande impacto“. A estrea será o 19 de febreiro de 2021.