Barker dá a súa beizón a Hellraiser

1150

Clive Barker ven de se unir á equipa de produtores executivos da série coa que a HBO planea adaptar á pequena pantalla a súa clásica franquía de Hellraiser.

Cun guión de Mark Verheiden (Battlestar Galactica) e Michael Dougherty (Trick r’ Treat), e con Verheiden coma showrunnner, a série contará ademais coma produtores executivos a Roy Lee (IT), Dan Farah (Ready Player One) e mais a equipa de Halloween composta por David Gordon Green, Danny McBride, Jody Hill e Brandon James.

Barker é o autor da novela orixinal The Hellbound Heart que inspirou a saga de filmes e foi ademais o director da primeira longametraxe. A súa participación neste proxecto póde-se considerar coma un selo de aprobación a esta continuación elevada da mitoloxía existente de Hellraiser.

Nunha nota de prensa, Barker engadiu: “estou encantado de que a mitoloxía de Hellraiser vexa unha nova vida. É hora de que as histórias volvan ás súas raíces. Anceio traer a unha nova audiéncia os elementos mais poderosos e entigos do terror: os males mais sinistros invadindo as nosas vidas humáns e como debemos atopar en nós mesmos o poder de resisti-los“.

David Gordon Green será o director dos episódios iniciais.