Derrickson chama ao teléfone negro

155

O director de Doctor Strange e Sinister, Scott Derrickson, será o encargado de dirixir e adaptar a novela curta de Joe Hill The Black Phone nunha longametraxe que producirán a Blumhouse e mais a Universal Pictures.

Mason Thames (For All Mankind) e Madeleine McGraw (Toy Story 4) serán os protagonistas da história, que vai sobre un rapaz secuestrado e encerrado nun soto manchado co sangue de média dúcia doutros rapaces asasinados. No soto canda el hai un antigo teléfone, desconectado dende hai moito tempo, pero que soa todas as noites coas chamadas dos mortos.

Robert Cargill, o habitual parceiro de Derrickson, co-escribirá o guión e ambos serán os produtores xunto a Jason Blum. Hill será o produtor executivo.