Bautista, o Gardián da Paz

128

Dave Bautista fará o papel dun gardián da paz intergaláctico en Universe’s Most Wanted, un filme de ciéncia-ficción de alto orzamento que producirá a AGC Studios.

A história vai sobre unha pequena vila que recibe unha grande sorpresa cando unha nave espacial chea dos criminosos mais indesexábeis da galáxia aterre na súa leira. O fillo do shériff convérte-se nun heroe ao axudar ao gardián da paz (Bautista) a evitar que o grupo de áliens esfarrapados fuxa e se apodere do mundo.

Brad Peyton (Rampage, San Andreas) será o director deste proxecto, que ten previsto comezar a rodaxe en primavera do ano que ven. F. Scott Frazier e Jimmy Loweree escribiron o guión, e Peyton, Jonathan Meisner e Jeff Fierson serán os produtores.