A Gorida de Neil Marshall

802

O inglés Neil Marshall, que está acostumado a nos arrepiar en filmes coma The Descent ou Hellboy, ven de ser contratado para sentar na cadeira de director e ademais producir o thriller de terror The Lair para o Highland Film Group. A rodaxe dará comezo en primavera do ano que ven.

A história vai sobre unha piloto das forzas aéreas inglesas (R.A.F.), a tenente Kate Sinclair, que voa na súa derradeira misión cando o seu caza é derrubado sobre un dos mais perigosos fortes rebeldes de Afganistán.

Como pode, atopa refúxio nun búnquer subterráneo abandoado, onde esperta ás creaturas que se agochan nel: seres médio humáns, médio áliens, pero todas famentas de carne humán. Sinclair pode fuxir a duras penas, pero sen sabe-lo, está a guiar aos monstros cara a unha base do exército americano.

Segundo Marshall, este proxecto é o seu “regreso ao xénero de terror mais sanguento e á acción intensa” ao xeito dos seus primeiros filmes, co obxectivo de “facer algo aterrador coma o inferno, palpexante e moi divertido“.