Matador adaptará a Clive Barker

0
211

Clive BarkerMatador Pictures e Midnight Picture Show unirán os seus esforzos para adaptar á pantalla grande a série de libros de terror de Clive Barker Os libros do sangue.

Sophie Ward (Heartbeat) e Jonas Armstrong (Robin Hood) protagonizarán a primeira entrega do que os produtores agardan que se convirta nunha franquía. John Harrison (Tales From the Darkside: The Movie) dirixirá a partir dun guión que el mesmo escribiu en colaboración con Darin Silverman.

A história vai sobre un “experto” no paranormal quen, mentres investiga un espantoso crime, atopa unha casa que é a intersección de várias “autoestradas” que transportan ás almas dos mortos ao alén.

O mesmo Barker producirá xunto con Jorge Saralegui, Joe Daley, Nigel Thomas, Lauri Apelian e Micky Macpherson.