Thunderbolt chega a Stargirl

120

O cómico Jim Gaffigan fará o papel de Thunderbolt na segunda tempada da série Stargirl da canle The CW. Gaffigan porá-lle a voz ao persoaxe xerado por computadora, descrito coma “un trasno rosa máxico, eléctrico, amante da diversión e de conceder desexos que provén da misteriosa terra de Bahdnésia“.

Nos cómics da DC, Thunderbolt fora atrapado durante dez anos nun bolígrafo, un feito que o vencella á escena do derradeiro capítulo da primeira tempada, cando Courtney rouba un bolígrafo rosa no cuartel xeral da Sociedade da Xustiza de América.

Thunderbolt é un falcatruán estremadamente poderoso e os desexos que concede sempre causan mais problemas dos que a persoa que os pediu podería ter agardado, mesmo ainda que o seu corazón estea na beira da xustiza.

Gaffigan unirá-se deste xeito aos xa anteriormente anunciados novos membros do elenco para a segunda tempada: Nick Tarabay coma Eclipso e Jonathan Cake no papel de The Shade.