O caranguexo negro de Noomi Rapace

351

Noomi Rapace liderará o elenco dunha adaptación ao cinema da novela Svart krabba (o caranguexo negro, en galego) do escritor sueco Jerker Virdborg, que está a desenvolver a Netflix e no que será a primeira vez que Rapace regresa para traballar no seu país en moitos anos.

Ambientada nun mundo post-apocalíptico pero que aínda continúa en guerra durante un inverno sen fin, este thriller narra as aventuras de seis soldados enviados nunha perigosa misión a través dun mar conxelado para transportaren un paquete que podería rematar coa guerra.

O realizador Adam Berg, até agora con experiéncia só en anúncios e vídeos musicáis, será o guionista e director deste proxecto, que conta coa produción de Malin Idevall e de Mattias Montero. A rodaxe comezará en 2021 e a estrea está prevista para 2022.