Con máis de 1.500 entradas reservadas para as proxeccións e actividades paralelas, e superando xa 4.000 visitas nas exposicións de Curtas, o Festival do Imaxinario puxo o broche final a súa edición mais complicada, aínda que as exposicións ficarán abertas até o 22 de novembro. As proxeccións rematan o sábado 7 co filme IT, que se trasladou de data nun cambio de horário para se adaptar ao toque de queda.
Foi unha edición complicada, na que houbo que lidar con cámbios nos horários de programación e ideiar vários posíbeis escenários e situacións con antelación. En ocasións adiantando os horários de proxección, procurando os cámbios mínimos posíbeis para non confundir á audiencia, e noutras facendo cámbios de voo ou facendo o evento con conexión en directo con convidados que a escasas horas de viren ao festival non se puideron desprazar finalmente dende España.
O único cámbio pendente alongará o festival ata o sábado 7 de novembro, coa proxección da longametraxe IT dentro do ciclo Retrospectiva: Os Pesadelos de Stephen King, que presumíbelmente se fará no Auditório. As entradas xa reservadas seguen activas e aínda é posíbel reservar praza na Web e na app das Curtas.
A través da central de reservas usada na Web e nas apps do festival rexistráron-se mais de 1.500 reservas para as proxeccións e actividades paralelas. Ademáis, ás exposicións superaron as 4.000 persoas, que tamén se adaptaron ás circunstáncias, mantendo distancias de seguridade, evitando obxectos pequenos que concentraran público e creando corredores de entrada e saída, amplamente iluminados e ventilados. As expos poderán visitar-se aínda até o 22 de novembro.
Cos datos das últimas votacións do público e as derradeiras proxeccións do domingo, o palmarés definitivo deste ano é o seguinte:
- Prémio do Público Planet Horror á mellor curtametraxe: Snake Dick (EEUU, 2020), de David Mahmoudieh
- Mellor Película: Come True (Canadá, 2020), de Anthony Scott Burns
- Prémio Especial do xurado Oficial Fantástico: Comrade Drakulich (Hungría, 2019), de Márk Bodzsár
- Mellor película Fantástica Latinoamérica: Al morir la matinée (Uruguai, 2020), de Maximiliano Contenti
- Mención especial Fantástica Latinoamérica: Luz la flor del mal (Colómbia, 2019) de Juan Diego Escobar Alzate
- Premio do Público Planet Horror á mellor longametraxe: Every time I die (EEUU, 2019), de Robi Michael
- Mellor Curtametraxe Oficial Fantástico: Killing Small Animals (Suécia, 2020) de Marcus Svanberg
- Mellor Curtametraxe de Animación: El Libertário (Colómbia, 2019) de Eugenio Gómez
- Mención Especial do Xurado: Candela (España, 2020) de Marc Riba & Anna Solanas
- Mellor director Curtametraxe: Malakout (Irán, 2020) de Farnoosh Abedi
- Mellor Curtametraxe Galega: La Penumbra (2020), de Dani Viqueira
- Mellor Dirección Galega: Mare (2019), de Guille Vázquez
- Mellor Curtametraxe de Ficción: A la cara (España, 2020), Javier Marco
- Mellor Curtametraxe Documental: Narote (España, 2019), David Vázquez
- Premio Roberto Camba á Mellor Videocreación: Nimti (España, 2020), Juan Francisco Calero
- Premios honoríficos Curtas 2020: Miguelanxo Prado, Paula Cons e Juan Carlos Fresnadillo
Curtas Festival do Imaxinario contou co apóio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a Deputación de Pontevedra, e co patrocínio de Cafés Candelas, Gadis e Planet Horror. A organización xa comezou a traballar na edición do 2021, con convidados de altura internacional confirmados e dos que espera informar esta mesma semana.