Non haberá Boseman dixital

134

Despóis da triste e repentina desaparición do actor Chadwick Boseman este verán após de loitar en segredo durante anos contra o cancro, a Marvel Studios debe agora determinar como continuar coa proxectada secuela de Black Panther, agora sen o seu principal protagonista.

É mesmo posíbel continuar? Segundo un recente rumor que circulou polas redes, a Marvel estaba a considerar a posibilidade de usar un dobre dixital para recrear a Boseman en escenas ao comezo do filme que servirían para entregar o testemuño a alguén novo que se faría cargo do persoaxe.

Nombergantes, a vicepresidenta executiva da Marvel Studios, Victoria Alonso, pechou a porta á posibilidade cun claro “Non!” cando lle preguntaron se se podería usar unha recreación dixital de Boseman. E ademais engadiu: “Só hai un Chadwick, e non está connosco. O noso rei, lamentábelmente, morreu no mundo real, non só na ficción, e estamos a nos tomar un pouco de tempo para ver como regresamos á históriae como facemos para honrar este capítulo que foi tan inesperado, tan doloroso, tan terríbel, realmente. Temos que pensar amodo o que imos facer, e como, e pensar como imos honrar á franquía“.

Outras especulacións inclúen que Shuri (Letitia Wright) ou M’Baku (Winston Duke) poderían facer-se cargo do papel, pero a Marvel aínda non está pola laboura e tenta determinar a onde ir creativamente con outro persoaxe ou actor.

Alonso tamén pechou as portas ao regreso de Robert Downey Jr. ao papel de Tony Stark, decindo que o persoaxe está totalmente morto e que non hai plans para resucita-lo de ningún xeito.

En calquera caso, Black Panther 2 continúa tendo o 6 de mai ode 2022 coma data de estrea, pero isto está moi probábelemente suxeito a cámbios.