O guionista e produtor de Fresh Off the Boat, Eric Ziobrowski, está a escribir unha série de debuxos animados que será unha comédia de situación baseada no clásico cómic da King Features Hägar the Horrible, ou “Olapfo”, coma é coñecido en España.
O cómic foi creado en 1973 polo debuxante Dik Browne e continuado polo seu fillo Chris a partir de 1988, e vai sobre a família liderada polo pai e heroe Hägar, un viquingo peludo, desaliñado, con sobrepeso e barba vermella, quen non pode comprender como está a cambiar a sociedade ao seu arredor. O proxecto será producido pola King Features en cooperación coa The Jim Henson Company.
A série usará o estudo de monicreques da Henson Digital, unha tecnoloxía de animación que lle permite aos monicrequeiros da Henson manipular persoaxes animados en tempo real, o que causará actuacións orgánicas e espontáneas.
Ziobrowski, Lisa Henson e mais Halle Stanford serán os produtores executivos. A King Features está a desenvolver asemade unha adaptación do videoxogo Cuphead para a Netflix.