A Spyglass Media Group fará un remake do clásico filme de 1986 Short Circuit, esta vez cun latino coma protagonista. No filme orixinal, dirixido por John Badham e protagonizado por Ally Sheedy e Steve Guttenberg, un robot experimental do exército gañaba vida e intelixéncia grazas a un raio. A nova versión conta cun guión de Eduardo Cisneros e Jason Shuman e a produción de James Vanderbilt, Paul Neinstein e William Sherak.