O director de Crazy Rich Asians e G.I. Joe Retaliation, Jon M. Chu, está a manter conversas coa Disney para se facer cargo do remake en acción real do clásico filme de debuxos animados Lilo and Stitch.
Mike Van Waes escribiu o actual esbozo de guión para o proxecto, que aínda non conta coa luz verde. A Disney está á procura dun novo guionista para o filme, que producirán Dan Lin e Jonathan Eirich (Aladdin).
Dean DeBlois e Chris Sanders escribiron e dirixiron o filme orixinal, ambientado en Hawaii, e que trataba sobre o vencello formado por unha rapaza humana solitária e mais un álien con fasquía de can chamado Stitch, que fora deseñado por extra-terrestres para ser unha forza destrutiva.
Entre os temas do filme está a procura de áliens, traballadores sociais e a família. A película non foi un grande éxito, pero converteu-se nun favorito para os nenos de todo o mundo.
Polo de agora non está claro se esta nova versión será distribuída nas salas de cinema ou irá directamente á Disney+.