A Dust, o selo dos estudos Gunpowder & Sky adicado á ciéncia-ficción, ven de anunciar os seus plans de desenvolver Moreau, unha nova série de televisión que adaptará The Island of Dr. Moreau, o clásico de H.G. Wells escrito en 1896.
Esta versión moderna estará centrada ao redor dun inglés chamado Edward Prendick que, despois de naufragar, atopa-se misteriosamente transportado a unha illa onde un científico tolo está a mesturar o ADN de seres humáns e de animáis, creando seres semihumáns.
Esta versión contará cunha científica coma protagonista, a doutora Jessica Moreau, unha enxeñeira xenética de sona mundial e cuxo traballo pioneiro atrae a atención dun billonário que non se deterá ante nada para acadar o seguinte nivel da evolución humán.
O guionista de X-Men: First Class, Zack Stentz, está a escribir a série tendo en conta os avances mais modernos da xenética coma a revolución de CRISPR e os animáis tranxénicos.
A novela orixinal conta con numerosas versións no cinema, pero curiosamente até agora nunca fora levada á televisión.