A canle The CW ven de anunciar plans para outra série spinoff do Arrowverso, esta vez unha continuación de Black Lightning na que Jordan Calloway repetirá o seu papel de Khalil Payne. A série titulará-se Painkiller e estará centrada neste persoaxe.
O episódio piloto emitirá-se coma o sétimo da vindeira tempada de Black Lightning, que regresará en febreiro no seu cuarto e derradeiro ano. Calloway comezou coa série xa na primeira tempada e foi ascendido a persoaxe habitual un ano despois.
No vindeiro episódio, Khalil está atormentado pola culpa do pasado problemático da sua antiga vida en Freeland City, onde Painkiller, unha perfeccionada máquina de matar, fora membro da banda de Tobias Whale e un arma do axente Odell e da sinistra ASA.
Após de tentar enterrar a Painkiller, Khalil múda-se ao val de Akashic para atopar paz, pero a súa história choca cun novo comezo e é obrigado a regresar á acción para traer xustiza.
Salim Akil escribirá o guión, será o produtor executivo e mais o director. O omnipresente Greg Berlanti será tamén o produtor.