O triángulo amoroso do burato negro

750

Michel Gondry (Eternal Sunshine of the Spotless Mind) dirixirá unha adaptación ao cinema da novela de 1977 As She Climbed Across the Table orixinal de Jonathan Lethem para a Amazon Studios e a Chernin Entertainment.

Joe Penhall, o libretista inglés e creador da exitosa Mindhunters da Netflix, escribirá o guión do filme, que vai sobre un triángulo amoroso entre un home, unha muller e mais un burato negro.

No libro, Alice e mais os seus colegas crean un burato negro ao que chaman Lack, unha singularidade cuántica que é moi selectiva sobre o que debe absorber e o que non, aceptando algúns obxectos e rexeitando outros.

Para Alice, esta selectividade tradúce-se nunha persoalidade irresistíbel. Para Phillip, o seu ex-mozo, o burato negro é un rival no amor, que lle causa uns celos intensos e o embarca nunha procura case imposíbel e multiuniversal para conquistar á súa namorada de novo.