Video Nasty regresa aos 80

131

Chris DevlinA Lionsgate ven de adquirir o guión de Video Nasty, un filme de Chris Thomas Devlin que xa conta con Seth Rogen coma produtor e con Jonathan Levine (Long Shot) coma posíbel director. A história vai sobre tres adolescentes que alugan un vídeo VHS e de súpeto aparecen nos anos 80, atrapados nun típico filme de terror adolescente da época. Polo de agora non hai elenco anunciado.