Millie Bobby Brown, unha damisela en perigo

1015

A protagonista de Stranger Things e Enola Holmes, Millie Bobby Brown, será a estrela doutro filme para a Netflix, a longametraxe fantástica Damsel.

A história estará enfocada na princesiña Elodie (Brown), casada nun matrimónio de conveñéncia con Henry, o príncipe do reino rival. Pero esta situación aínda se complica mais cando descubre que o outro reino ten unha tradición de sacrificar as súas princesas a un dragón famento.

O proxecto está escrito por Dan Mazeau (Wrath of the Titans) e será dirixido polo realizador español Juan Carlos Fresnadillo (28 Weeks Later).

Brown non será só a protagonista, senón que ademais será a produtora executiva. Joe Roth e Jeff Kirschenbaum son os produtores.