Jeff Nichols no mundo silandeiro

1100

O realizador e guionista Jeff Nichols (Midnight Special) escribirá e dirixirá un filme aínda sen título, pero que será un spin-off conectado aos acontecementos da franquía de terror A Quiet Place da Paramount Pictures.

A Quiet Place está ambientada nun mundo post-apocalíptico onde misteriosas creaturas utilizan o són para atopar e devorar aos seres humáns. O primeiro filme estaba protagonizado por unha família que debía vivir a súas vidas en total silenzo para poderen ficar vivos.

John Krasinski, que dirixiu, protagonizou e co-escribiu o filme orixinal en 2018 e está a traballar nunha secuela aínda non estreada, é o autor da ideia que deu orixe á nova história, e será o produtor xunto a Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller.

A Quiet Place Part II tiña prevista a estrea para o 20 de marzo deste ano, pero foi adiada e a nova data é o 23 de abril de 2021.