Listo o guión de Five Nights at Freddy’s

232

Atrapada no caixón do desenvolvemento durante anos, seica a adaptación ao cinema do videoxogo de terror Five Nights at Freddy’s vai por fin ver a luz ao cabo do túnel segundo ven de anunciar o creador do xogo, Scott Cawthon.

O xogo é un desafío para os participantes, que deben sobrevivir cinco noites no papel de garda de seguridade dun restaurante de pizzas familiar cheo de creaturas animatrónicas que se converten en monstros asasinos e patrullan polos cuartos na procura da súa seguinte vítima.

Nunha intervención en Reddit, Cawthon dixo que o proxecto xa ten un guión rematado e que a rodaxe comezará en primavera baixo as ordes de Chris Columbus para a Blumhouse Productions. Ademais discutiu as diferentes versións do guión que xurdiron ao longo dos anos e nas que participaron el mesmo, xente dos estudos, directores, e mais. Finalmente decedíron-se por unha versión titulada “Mike”, verbo da que comentou: “Configuración básica: Hmm… Isto ten sentido. Por que no pensei nisto antes? Problemas: En realidade esta é unha boa mestura… ten as mellores pezas de todos os guións anteriores… Non hai realmente ningún problema aquí. Todos os persoaxes correctos, todas as motivacións correctas, todas as apostas correctas… Veredito: Si, imos con este. É divertido, mete medo, e ten unha grande história central!