Englund úne-se a Stranger Things 4

183

O lendário protagonista da franquía de terror A Nightmare on Elm Street, Robert Englund, ven de se facer cun papel na vindeira cuarta tempada da série da Netflix Stranger Things, para a que tamén se anunciou a contratación de Jamie Campbell Bower (Sweeney Todd), Eduardo Franco (Booksmart) e Joseph Quinn (Catherine the Great).

Ademais, os nomes de Sherman Augustus (Into the Badlands), Mason Dye (Bosch), Nikola Djuricko (Legends) e mais o habitual de Game of Thrones Tom Wlaschiha foron tamén incluídos no elenco de protagonistas. A rodaxe da nova tempada xa comezou e a estrea aínda está pendente de se definir.

Bower interpreta a un amable ordenanza nun hospital psiquiátrico, Englund interpreta a un paciente perturbado chamado Victor Creel e Franco é o novo millor amigo de Argyle. Quinn interpreta ao líder do Hellfire Club, Eddie Munson, que se atopa no aterrador epicentro do mistério desta tempada.