Trachtenberg dirixirá Predator 5

1277

O director de 10 Cloverfield Lane e The Boys, Dan Trachtenberg, está a manter conversas para se facer cargo da quinta entrega da franquía de Predator para a 20th Century Studios.

Patrick Aison é o autor do guión, cuxo argumento aínda se mantén en segredo á parte do feito de que non gardará relación con ningunha das recentes secuelas.

A saga en si mesma ten unha história complicada. A película orixinal de 1987 protagonizada por Arnold Schwarzenegger é aínda un clásico do xénero. A súa secuela, con Danny Glover, foi moi criticada no seu tempo, aínda que cos anos gañou algo de recoñecemento.

Pero as secuelas mais novas xa non houbo xeito de salva-las. A de 2010 de Robert Rodriguez foi esnaquizada pola crítica, e a de 2018 dirixida por Shane Black (The Predator) foi totalmente ignorada e moi controvertida por mor dun elenco no que mesmo se incluiu a un actor convicto de pedofília. E iso por non falar das mesturas de Alien vs. Predator.

Agora, coa adquisición da Fox por parte da Disney e após do fracaso no despacho de billetes de The Predator, coidába-se que a série ía ficar esquecida alomenos durante moitos anos, pero esta quinta parte tentará dar-lle unha nova volta de rosca á franquía.