O Proxecto de Adán de Reynolds

609

Os nomes de Mark Ruffalo e Catherine Keener veñen de se unir ao do protagonista principal, Ryan Reynolds, na longametraxe de ciéncia-ficción e aventuras The Adam Project da Skydance e a Netflix. A rodaxe comezou xa de feito a semana pasada en Vancouver (Canadá).

Reynolds interpreta a un home que viaxa atrás no tempo para obtér a axuda do seu eu de 13 años. Xuntos teñen que atopar ao seu defunto pai, que agora ten a mesma idade que Reynolds, e arranxar as cousas para salvar o futuro.

Ruffalo interpreta ao pai de Reynolds, un físico brillante. Keener interpretará á vilán da película, unha muller que roubou a poderosa tecnoloxía do físico. Walker Scobell será o Reynolds noviño e Alex Mallari Jr. é a man dereita da vilán.

Zoe Saldana e Jennifer Garner son as outras protagonistas deste filme, dirixido por Shawn Levy.