Mikkelsen confirmado para Fantastic Beasts 3

742

Aínda que el mesmo o negara a comezos da semana, o seu nome figurou sempre no primeiro posto na listaxe de rumoreados para substituír a Johnny Depp, quen interpretara ao Meigo Escuro Gellert Grindelwald nas primeiras dúas entregas de Fantastic Beasts, e agora o actor dinamarqués Mads Mikkelsen ven de ser confirmado pola Warner Bros. Pictures nun comunicado oficial.

Mikkelsen será polo tanto quen se faga cargo do persoaxe que interpretara Deep, após de que este fora fulminantemente despedido pola Warners despois de perder unha polémica demanda por calúmnias en Inglaterra.

A estrea do filme tivo que ser recentemente adiada dende o 12 de novembro de 2021 ao verán de 2022, mesmo que algúns actores xa comezaron a rodar as súas escenas, coma Eddie Redmayne e Jude Law, quen foron vistos nos estudos Leavesden en Londres.