Peter Dinklage no novo Vingador Tóxico

771

Peter Dinklage (Game of Thrones, X-Men: Days of Future Past) será o protagonista da versión modernizada de The Toxic Avenger, a emblemática comédia de baixo orzamento de superheroes dos anos 80 orixinal da Troma, cuxo remake está a preparar a Legendary Entertainment coa dirección de Macon Blair.

Na nova versión, cando un home común e corrente é empurrado a unha cuba de lixo tóxico, transforma-se nun monstro mutante que debe pasar de ser rexeitado coma pária a ser un heroe desvalido mentres corre para salvar ao seu fillo, aos seus amigos e á súa comunidade das forzas da corrupción e a cobiza.

Lloyd Kaufman e Michael Herz serán os produtores executivos da nova versión. O orixinal converteu-se no seu tempo nun filme de medianoite moi popular e chegou a ter tres secuelas, un musical, unha série de debuxos animados e mais un cómic da Marvel.