A Netflix fai-se co Polisón a Marte

140

A Netflix ven de pechar un acordo multimillonário para se facer cos dereitos mundiais de Stowaway, un thriller de ciéncia-ficción que protagonizan Anna Kendrick, Toni Collette e Daniel Dae Kim.

Joe Penna é o director e o co-guionista xunto a Ryan Morrison. A parella xa traballara conxuntamente noutro filme de supervivintes, a aclamada fita Arctic protagonizada por Mads Mikkelsen.

Stowaway ten lugar durante unha misión a Marte cando un polisón involuntário causa accidentalmente graves danos aos sistemas de soporte vital da nave espacial. Enfrontada á diminución dos recursos e a un resultado potencialmente sombrío, unha investigadora médica (Kendrick) xurde coma a única voz disidente contra da lóxica clínica tanto do seu comandante (Collette) coma do biólogo da nave (Kim).

O filme ven de se rematar e está listo para a estrea, que a Netflix fará nos Estados Unidos, Inglaterra, Austrália, Índia, Latinoamérica, África e outros mercados salientábeis de Ásia e Europa ao longo de 2021.