David Ramsey regresa ao Arrowverso

221

O actor David Ramsey, quen deu vida ao persoaxe de John Diggle ao longo de oito tempadas na série Arrow na canle The CW, regresará ao Arrowverso na pequena pantalla.

Ramsey dirixirá cinco episódios de distintas séries da DC, incluíndo a nova Superman & Lois e mais Supergirl, que se despide o ano que ven. Ademais Diggle aparecerá noutros cinco episódios do Arrowverso: os dous xa mencionados, Batwoman, The Flash e nun papel aínda por determinar en DC’s Legends of Tomorrow.

No final de Arrow, Diggle mudába-se a Metrópole despois de atopar un anel esmeralda que se supoñía pertence ao superheroe Lanterna Verde. Entre os fans correu o rumor de que el mesmo podería protagonizar a vindeira série Green Lantern.

Nun comunicado, Ramsey dixo: “Sigo abraiado pola pegada que estas séries tiveron na televisión e fun abenzoado durante a maior parte dunha década ao ser parte delas tanto diante coma atrás da cámara. Dicir que estou emocionado alén do críbel por regresar ao Berlantiverso sería ficar curto. Non podo esperar a seguir contando estas histórias“.