A Universal Pictures está a desenvolver un thriller de terror ambientado no mundo do cazador de monstros Abraham Van Helsing. O director de Overlord, Julius Avery, encargará-se desta película, que producirá a través do seu selo, a compañía Atomic Monster. Michael Clear será o outro produtor.
Os detalles do guión polo de agora manteñen-se en segredo. O persoaxe de Van Helsing apareceu por primeira vez na clásica novela Dracula de Bram Stroker e foi interpretado por Peter Cushing en vários filmes que contaron con Christopher Lee no papel do conde vampiro.
En 2004 a Universal tentou lanzar unha nova franquía cun filme de grande orzamento protagonizado por Hugh Jackman no papel titular, pero o proxecto fracasou porque o filme non recadou abondo nos despachos de billetes.
Para a nova versión, Eric Pearson escribiu o guión, que o mesmo Avery está a pulir.