Steinfeld e Renner xa rodan Hawkeye

171

Após de meses de rumores, que a Marvel sempre se negara a confirmar, Hailee Steinfeld (Pitch Perfect, Ender’s Game) será Kate Bishop na série limitada da Marvel Studios Hawkeye que se emitirá polo servizo de streaming da Disney+.

A produción da série ven de comezar e a actriz apareceu perante as cámaras en New York canda Jeremy Renner (quen repite o seu papel de Hawkeye) nunha escena que ten lugar no metro da cidade americana. Xunto a ela póde-se ver nas imaxes a un can.

Nos cómics, Kate Bishop é a nova Hawkeye, facéndo-se cargo do posto de Clint Barton, quen se retira coma superheroe e convérte-se no seu mentor, nun xogo moi semellante ao de The Mask of Zorro, no que hai unha relación entre mentor e protexida e un papel de heroe que debe pasar do ún á outra.

Esta mesma ideia seica vai-se repetir noutra série da Marvel, neste caso She-Hulk, na que Hulk (interpretado por Mark Ruffalo) aparecerá coma convidado, e no filme Thor: Love and Thunder, onde Natalie Portman fará-se cargo do persoaxe central ao portar o martelo Mjolnir.

Xunto a Renner e Steinfeld, os protagonistas da série son Vera Farmiga, Florence Pugh, Fra Fee, Tony Dalton, a debutante Alaqua Cox e mais Zahn McClarnon.

Farmiga será Eleanor Bishop, a nai de Kate Bishop, e Pugh repite o seu papel de espía e asasina Yelena Belova, a irmá da Viúva Negra. Este é o papel que tamén fai no vindeiro filme Black Widow.