Robert Englund dirixirá Vij

0
243

Robert EnglundO actor Robert Englund, ben coñecido entre os fans por ser o intérprete do asasino das poutas de ferro Freddie Kruger na saga de Pesadelo en Elm Street, dirixirá The Vij, unha fantasía gótica na que está previsto que participe Christopher Lee coma protagonista.

Baseado nunha novela do escritor ruso Nikolai Gogol, The Vij vai sobre un maléfico xénio que condiciona as accións dun xove sacerdote, levándo-o a cometer asasinatos e a se namorar dunha vella meiga que non é o que realmente semella ser.

O produtor italiano Loris Curci encargará-se de financiar The Vij para a empresa romana ReDark, que para esta ocasión asociará-se coa canadiana Remstar e mais coa española Canónigo Films. Está previsto que a rodaxe escomece en abril na rexión italiana do Lazio, coa axuda das subvencións proporcionadas pola comisión cinematográfica de Roma. A vila medieval despovoada de Civita di Bagnoregio será o primeiro escenário para a rodaxe de Vij.

Ademáis de Christopher Lee, que interpretará a un persoaxe divino chamado O Pai, The Vij contará coas actuacións do mesmo Englund e da actriz rusa Olga Schuvalova no papel de Alina, a persoaxe feminina protagonista. O cásting para o resto do reparto, incluindo ao cura Khoma, está ainda no aire.

Este non será o primeiro filme que dirixa Englund, quen xa realizou anteriormente 976 Evil e Killer Pad.