Elenco de superluxo para Invincible

568

Catro meses despois de que se dera a coñecer a listaxe orixinal co elenco de Invincible, ven de se facer pública unha nova quenlla de nomes mais ca salientábeis a engadir á nova série de debuxos animados para adultos da Amazon, que levará á pequena pantalla o aclamado cómic orixinal de 2003 de Robert Kirkman (The Walking Dead).

A série vai sobre un adolescente normal, un estudante de segundo grao chamado Mark Grayson, que só ten unha pequena diferéncia co resto de compañeiros na escola: o seu pai é o superheroe mais poderoso do planeta, el el tamén herdará os seus superpoderes.

A Amazon revelou o seguinte elenco adicional de actores que lle emprestarán as súas voces aos persoaxes da série:

Mahershala Ali no papel de Titan, Clancy Brown coma Damien Darkblood, Nicole Byer coma Vanessa e Fiona, Jeffrey Donovan coma Machine Head, Jonathan Groff coma Rick Sheridan, Jon Hamm coma Steve, Djimon Hounsou coma o Emperador Marcián e Ezra Miller coma D.A. Sinclair.

A todos eles hai que sumar por suposto os nomes que xa coñeciamos:

Steven Yeun no papel protagonista de Mark Grayson/Invincible, J. K. Simmons coma Nolan Grayson/Omni-Man, Sandra Oh coma Debbie Grayson, Mark Hamill coma Art Rosebaum, Seth Rogen coma Allen the Alien, Gillian Jacobs coma Samantha Eve Wilkins/Atom Eve, Andrew Rannells coma William Clockwell, Zazie Beetz coma Amber Bennett, Walton Goggins coma Cecil Stedman, Jason Mantzoukas coma Rex Sloan/Rex Splode, Chris Diamantopoulos coma Donald Ferguson e Doc Seismic, Zachary Quinto coma Robot, Khary Payton coma Black Samson, Malese Jow coma Kate Cha/Dupli-Kate, Kevin Michael Richardson coma os xemelgos Mauler e Monster Girl, Grey Griffin coma Shrinking Ray e Amanda, e finalmente, Mae Whitman e Max Burkholder en senllos papéis aínda por determinar.

A primeira tempada, de oito episódios, estreará-se no servizo de streaming en 2021 e terá un tón semellante ao da série Harley Quinn na canle HBO Max.