A beira feminina de Plastic Man

134

A guionista Cat Vasko (Lumberjanes) ven de ser contratada para escribir unha longametraxe centrada no superheroe da DC Comics Plastic Man. O plan é intercambiar o xénero do persoaxe principal, facendo un filme protagonizado por mulleres, aínda que non está claro se iso sinificará cambiar ademais o título.

Amanda Idoko fora contratada hai un par de anos para escribir unha aventura de acción cómica baseada en Jack Cole, o creador do persoaxe nos anos 40. Seica a versión de Vasko irá nunha nova dirección, pero aínda está nos primeiros chanzos do seu desenvolvemento.

O cómic orixinal ía sobre Patrick “Eel” O’Brian, un ladrón que é mollado cun misterioso produto químico durante un atraco frustrado. Cando esperta, atópa-se imbuído do poder de mudar de forma e e estirar o seu corpo para crear case calquera cousa.

O persoaxe tiña xa unha série de debuxos animados de seu, producida pola Ruby-Spears Productions entre 1979 e 1981.