Ava DuVernay leva a Naomi á tele

238

A realizadora Ava DuVernay vai-se asociar coa produtora de Arrow Jill Blankenship para desenvolveren na canle The CW unha série de televisión baseada en Naomi, a nova superheoína da DC Comics creada por Brian Michael Bendis e David F. Walker en 2019.

A história vai sobre a viaxe dunha rapaza adolescente dende a súa pequena vila no noroeste dos Estados Unidos até o multiverso. Cando un acontecemento sobrenatural axite a súa vila natal, sae de viaxe para descubrir as súas orixes. Pero o que descobre é algo que desafiará todo o que o mundo sabe sobre os superheroes. Na saga da DC, Naomi chega a Metrópole, onde contacta con outros superheroes coma Superman e Batman.

DuVernay e Blankenship escribirán o guión e serán as produtoras executivas do programa, que será o primeiro drama da DC que non conte coa participación de Greg Berlanti. Nombergantes, aínda está por se decidir se o persoaxe ficará vencellado ao mesmo Arrowverso no que se moven o resto dos persoaxes da canle.