Seica o director responsábel de District 9 e Elysium, o sudafricán Neill Blomkamp, non puido ficar parado durante o presente andazo do corona e rodou en segredo un filme de terror sobrenatural este pasado verán.
Blomkamp ademais escribiu el mesmo o guión para a longametraxe, que se filmou na província canadiana da Colúmbia Británica e coa participación principalmente de actores locais. Aínda que os detalles do argumento no se deron a coñecer, este é o seu primeiro traballo dende que rematou Chappie en 2015.
Agárda-se que a post-produción se complete en primavera. Blomkamp tiña previsto dirixir Inferno, protagonizada por Taylor Kitsch, pero o filme foi cancelado por mor da pandémia e iso deu-lle a oportunidade de poñer o seu foco de atención nestoutro proxecto mais pequeno.