Os monstros e o Klan

599

Despois de que a série Lovecraft Country na HBO obtive-se un grande éxito unindo unha fantasía histórica con monstros e racismo a mediados dos anos 20, a Skydance Television ven de se facer cos dereitos de Ring Shout, unha novela curta de P. Djèlí Clark (o alcume do historiador Dexter Gabriel), e xa conta con plans para converte-la nunha série de televisión. KiKi Layne (The Old Guard) será a protagonista e Kasi Lemmons (Harriet) figura vencellada coma guionista, directora e showrunner.

A história vai sobre un feito maligno de orixe sobrenatural que xurdiu nos anos 20 no sul dos Estados Unidos en forma de monstros, que se apoderan dos corpos da xente enchéndo-os con ódio, específicamente o Ku Klux Klan.

E mentres o filme de D.W. Griffith Birth of a Nation axuda a espallar as ideias do Klan e os monstros alimentan-se dos mais sinistros pensamentos do racismo, unha moza negra cun pasado misterioso chamada Maryse Boudreaux (Layne) encargará-se da misión de devolver aos demos do KKK directamente ao inferno.

Armada con municións e coa axuda de dous amigos e compañeiros da resisténcia, un francotirador malfalado e un soldado do rexemento dos Harlem Hellfighters, fai-se cargo da loita mesmo cando algo moito mais grande está a se cocer.

Lemmons e Layne serán os produtores executivos xunto a Clark, Marc Evans, Matt Jackson, David Ellison, Dana Goldberg e Bill Bost.