Alien chega á Terra

523

O xefe da canle FX, John Landgraf, anunciou onte que o creador de Alien, o director inglés Ridley Scott, está a manter conversas para se encargar da produción executiva dunha nova série de televisión ambientada no universo de Alien e que contará con Noah Hawley (creador de Fargo e Legion) coma showrunner.

Hawley será ademais o creador e produtor executivo desta série realizada pola Scott Free e a 26 Keys para a FX. Landgraf dixo que a história “estará ambientada nun futuro non demasiado afastado” e será en todo caso a primeira que ten coma escenário o noso planeta (iso se excluímos as sagas de Alien vs. Predator).

O obxectivo, segundo dixo Hawley, será mesturar o terror intemporal do primeiro filme de Alien coa acción sen fin da segunda longametraxe: “vai ser unha viaxe emocionante e aterradora que fará que a xente volva aos seus asentos“.

En calquera caso, esta nova é toda unha volta de rosca respecto da semana pasada, cando Hawley indicou que o proxecto era improbábel que saíse adiante e que os executivos da Fox rexeitaran a ideia para desenvolver unha série.