A Presidenta Meryl Streep

148

Meryl Streep será a vindeira Presidenta dos Estados Unidos… na comédia Don’t Look Up que dirixe Adam McKay (The Big Short e Anchorman).

No reparto de superluxo están ademais incluídos Leonardo DiCaprio, Jennifer Lawrence, Jonah Hill, Timothee Chalamet, Ariana Grande, Kid Cudi, Matthew Perry, Himesh Patel, Tomer Sisley, Tyler Perry, Melanie Lynskey e Ron Perlman. A mesma Streep revelou o seu papel no programa The Late Show with Stephen Colbert, e anunciou asemade que Hill fará do seu xefe de gabinete.

A história vai sobre dous astrónomos que se embarcan nunha grande rolda polos médios de comunicación para advertir á humanidade que se achega un asteroide xigante que vai destruír o planeta. Streep tentou describir o filme dicindo que “é-che ben divertido, coma Dr. Strangelove para 2020, sobre o quencemento global, unha metáfora diso“.