Buzz Lightyear terá un filme de seu

173

A Pixar anunciou que producirá Lightyear, unha longametraxe que dalgún xeito é un spin-off da franquía de Toy Story, e que será en todo caso unha película de ciéncia-ficción épica de debuxos animados dirixida por Angus MacLane (Toy Story of Terror) e protagonizada polo persoaxe de Buzz Lightyear, pero non polo xoguete ao que lle prestou a voz Tim Allen, senón polo heroe que inspirou ao devandito xoguete dentro do universo de Toy Story.

De resultas, Chris Evans fará-se cargo de lle poñer a voz a Buzz Lightyear neste novo filme, o que non lle sentou nada ben aos fans de Allen na Internet.

Perante a polémica, Evans quixo aclarar na súa conta de Instagram un par de cousas respecto de como lle ofreceron o papel: “Traballar coa Pixar é un soño que se fixo realidade. Sempre fun un enorme fan dos seus filmes dende o mesmo comezo. O meu equipo á penas puido conter a emoción cando me dixeron que a Pixar tiña un papel para min. Todo o que dixeron foi “Buzz Lightyear”. Non sei o que queredes dicir, porque Tim Allen é Buzz Lightyear, e ninguén pode tocar a súa actuacion. Eu quería saber como este persoaxe é diferente e por que paga a pena contar esta história. E podo dicir dúas cousas con total confianza: 1. Non parei de sorrir durante TODA a expliación do papel. De orella a orella. 2. Todo o mundo pode acougar. E emocionar-se. Creéde-me cando digo que DE VERDADE saben o que están a facer por alí. Isto vai ser especial, e non vai pasar por riba de nada“.

Lightyear ten xa data de estrea fixada, o 17 de xuño de 2022.