Brian K. Vaughan escribe o novo Buck Rogers

703

O creador do cómic de Y: The Last Man, Brian K. Vaughan, escribirá a adaptación para a pequena pantalla do clásico heroe da era pulp Buck Rogers para a Legendary Entertainment. O proxecto ten previsto espallar-se por várias plataformas e médios. Agora mesmo están a desenvolver unha série de televisión, unha longametraxe e mais unha série de anime.

O cómic orixinal ía sobre un home que após de entrar en animación suspendida tras dun derrubo nunha cova, esperta cinco séculos no futuro e alista-se para axudar a loitar unha guerra entre várias bandas no que unha vez foi América. Inda que foi moi popular nos seus tempos, hoxe en día é relembrado pola série dos anos 70 Buck Rogers in the 25th Century, que cambiou a premisa orixinal.

Don Murphy e Susan Montford producirán a série xunto a Flint Dille, o neto do creador do Buck Rogers orixinal.